Longa tarde de pedra

Tarde de Domingo e moitos deportivistas estábamos vendo o partido entre o Club Deportivo Guijuelo e o Deportivo de La Coruña, campo de herba sintética, o equipo local levaba invicto todo un ano e parecía que todo iba a seguir igual, o Deportivo nin estaba nin se lles esperaba, Fernando Vázquez que se sentaba no banco como adestrador logo de cumplir a sanción da tempada pasada, quixo facer unha pequena revolución no once, pero non resultou productiva.

Cas mismas carencias que en outros partidos, o ataque era un islote afastado do resto do equipo. En defensas erros que daban esperanzas a un equipo local que tiña, garra, ganas, algo que ao Depor lle faltaban, pero non había fútbol en ningures.

Tarde máis productiva para lembrar esas receitas que tes gardadas na cociña, facer biscoitos, ou coller ese libro que non das rematado de leer.

O Deportivo de FV e un complemento para durmir nas prácidas tardes de Domingo, eso sí, non perdeu ningún partido, pero lembramos que esta categoría e moi complicada e que ninguén se vai a pasear polos campos, pero os seguidores esperamos un pouco máis, ganas, intensidade.

O aforo dos campos e reducido e para algúns debería estar prohibido, algún “Racista” como non estaba a disfrutar co espectáculo no campo, quiso facelo él na grada, mandando a os xogadores “Negros” do Deportivo a que voltasen en patera.

A próxima vez que suceda o xogador pode ir a denunciar isto a árbitro e dar o partido por perdido, algo que faría tomar medidas ao club afectado e aos aficionados que están ao carón de este “Racista”.

D Guijuelo: Sarkauskas, Parra, Jonathan, Josín, Kike Pina (Andrés González, min. 80), Carlos Rubén, Kamal (Deco, min. 75), Cristóbal Gil, Eizmendi (Abraham Pozo, min. 75), Zamorano y Pino (Lolo Pla, min. 87).

RC Deportivo: Abad, Bóveda, Mujaid, Granero, Salva, Keko, Uche, Borges, Galán (Lara, min. 83), Miku (Rui Costa, min. 65) y Claudio (Álex Bergantiños, min. 42).

Árbitro: Pérez Hernández (c. madrileño). Amonestó a Claudio (min. 28), Mujaid (min. 34), Kamal (min. 36), Keko (min. 58), Eizmendi (min. 70). Expulsó con roja directa a Kike Pina (min.90+1).