PRETO DUN CENTENAR DE PARTICIPANTES NA EXPERIENCIA MOTOTURISMO QUE SE CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA EN NARON

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, José Oreona, presentaron o evento co responsable deportivo, Javier Varela, e José Casal, vogal da AVV do ValNarón.
Experiencia Mototurismo, unha proba de navegación, roadbook e GPS reunirá esta fin de semana na cidade a preto dun centenar de participantes. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, José Oreona, presentaron o evento acompañados por Javier Varela, responsable deportivo do evento, e José Casal, vogal da AVV do Val. O Concello de Narón organiza esta cita deportiva xunto co Moto Clube A Peroxa e Singletrack Galicia.
Os participantes proceden de dez comunidades autónomas e representan a un total de vinte e nove provincias, sendo algúns deles da comarca e outros do País Vasco, Cataluña, Valencia, Gran Canaria, Madrid… tal e como indicaron dende a organización.
O venres 18 será a xornada de verificacións das motos, entrega de dorsais e colocación das balizas de seguemento, para saber en donde están en cada momento do percorrido. Na xornada do sábado, día 19, a partir das 8.00 horas e cada trinta segundos comezarán a saír as motos das inmediacións do local social do Val. “Trátase dun percorrido de 268 quilómetros con saída e chegada ao Val, en Narón, e que percorrerá tamén zonas dos concellos de Valdoviño, Cedeira, Ortigueira, Moeche, Cerdido, As Somozas e San Sadurniño”, explicou Varela. Este percorrido divídese en tres sectores: Narón-Mera (Ortigueira), de 106 quilómetros; Mera-Moeche, 64 quilómetros e Moeche-Narón, de 97 quilómetros. A hora límite de chegada é ás 19.00 horas e a entrega de premios está prevista para as 20.00 horas do sábado. Concederanse premios aos tres primeiros clasificados en cada unha das categorías da proba e todos os participantes levarán un recordo.
O concelleiro de Deportes, José Oreona, recalcou que “non se trata dunha proba de velocidade, senón de navegación, polo que recibirán maior puntación aqueles pilotos que non se perdan, que cumpran os límites de velocidade establecidos…”.
A proba será tamén unha homenaxe –neste caso a modo de Memorial- a Alberto Martínez Escalada, máis coñecido como Albertito Carpe Diem, un piloto que faleceu o pasado ano nun accidente e que como recordou Varela “nos meteu a moitos coma min o gusanillo deste deporte”. O responsable deportivo do evento agradeceu a implicación dos organizadores e colaboradores do mesmo e amosou a súa confianza en que “esta sexa unha fin de semana donde o protagonista sexa o motor e poder aproveitalo ao máximo para que a xente o disfrute”
Nas inmediación do local social do Val permanecerán expostos eses días unha moto do recoñecido piloto Eduardo Iglesias e un buggy de Rodamoto que participaron en diferentes edicións do Dakar.
Pola súa banda, o vogal da AVV do Val destacou a importancia deste evento e ofreceu a colaboración da entidade “en todo o que poidamos”.
Finalmente a alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu o feito de que se pensase en Narón para promover a Experiencia Mototurismo, “unha actividade máis no calendario deportivo da nosa cidade, donde apostamos por ofrecer cada vez unha maior variedade de eventos”. Así mesmo, desexou unha boa estancia na cidade e no resto da comarca a todas as persoas que participarán e tamén sorte no percorrido deste sábado.
Fuente. Comunicado de Prensa
https://www.facebook.com/enboxes.es
https://twitter.com/enboxes
Please follow and like us:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Follow by Email
Twitter
Visit Us
Follow Me
Telegram